O corpo sen vida dun home achado este martes na presa de Cecebre, en Cambre foi identificado e corresponde a un home de 82 anos que vivía nunha zona próxima ao encoro, informaron a Efe fontes da investigación.
O octoxenario, achado por membros de Protección Civil na presa sobre as 11.15 desta mañá, residía coa súa sobriña no propio municipio de Cambre.
Os corpos de seguridade continúan traballando na investigación para esclarecer as circunstancias do suceso.
O home achado sen vida en Cecebre é un veciño de Cambre de 82 anos
O octoxenario residía coa súa sobriña no propio municipio de Cambre
