Increpan a Santiago Abascal nun restaurante de Oia

Tamén estivo paseando por Baiona
Santiago Abascal. EFE
photo_camera Santiago Abascal. EFE

O líder de Vox está de ruta estival por Galicia. Se hai uns días paseaba coa familia por Sanxenxo e O Grove, o mandatario da formación ultradereitista deixouse ver estes últimos días por Baiona e Oia. Precisamente nesta última localidade, Abascal foi recoñecido por varios cidadáns cando saía dun restaurante e viviu un episodio un tanto desagradable, xa que o apuparon e lle dedicaron algúns insultos.

O episodio contrasta coa normalidade e a tranquilidade coas que se están desenvolvendo as vacacións de Abascal nas Rías Baixas, onde é habitual ver como lle solicitan selfies e saúdano polas rúas. 

Comentarios