jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Intervidas en Lugo e Vigo máis de 60 armas de fogo e un depósito de municións

Arsenal
Parte do arsenal intervido. PN

A operación arrincou tras analizar a Policía unha información facilitada polas autoridades de Estados Unidos a través de Europol

Axentes da Policía Nacional  detiveron unha persoa e incautáronse de numerosas armas de fogo e un depósito de municións en dous rexistros realizados en domicilios do arrestado nas cidades de Vigo e Lugo.

Os axentes detiveron en Vigo a esta persoa de nacionalidade española pola súa presunta participación nos delitos de tenencia ilícita de armas prohibidas e depósito de municións, informou este sábado a Dirección Xeral da Policía nun comunicado.

Nos rexistros foron intervidas 40 armas longas e 26 armas curtas, ademais de 32 cargadores para munición de distintos calibres, varias pezas fundamentais e elementos acoplables a armas de fogo como canóns, mecanismos de peche, silenciadores e pezas de conversión que transforman as armas legais en prohibidas.

As fontes policiais destacan "a enorme cantidade de munición aprehendida" que a persoa agora detida almacenaba, consistente en máis de 17.000 cartuchos de distintos calibres, principalmente do 9 milímetros parabellum, do 38 e 356 magnum, aínda que tamén acumulaba gran cantidade de cartuchos de armas de guerra dos calibres 7,62 e 5,56 OTAN.

Ademais da munición e as armas prohibidas, esta persoa posuía catro quilos de sustancias deflagrantes como pólvora negra e ferramentas para a reparación e modificación de armas.

Esta operación arrincou tras analizar os axentes da Policía Nacional a información facilitada polas autoridades de Estados Unidos a través das canles de cooperación policial de Europol.

A investigación posterior permitiu detectar que o detido, que é titular da licenza de tirador deportivo, comprara dispositivos para modificar a capacidade de disparo das armas, e que a adquisición destas ferramentas a levaba ao cabo a través de Internet e as introducíaas en territorio nacional de xeito encuberto por medio de envíos de paquetería.

Os dispositivos adquiridos polo detido fan posible o uso de armas de tiro en modo refacho como unha metralladora, podendo alcanzar unha potencia de disparo de 1.100 cartuchos por minuto, segundo as mesmas fontes policiais. 

A investigación foi dirixida polo Xulgado de Instrución numero 7 de Vigo. 

Intervidas en Lugo e Vigo máis de 60 armas de fogo e un depósito de...
Comentarios