
As provincias de Lugo e Ourense estarán en alerta amarela
Galicia afrontará o penúltimo día da estación invernal coa presenza dunha baixa sobre o Cantábrico que deixará unha nova xornada de frío e choiva en toda a comunidade, especialmente nas primeiras horas deste luns.
Segundo a predición de Meteogalicia, os ceos estarán parcialmente nubrados con chuvascos máis frecuentes pola mañá. Deste xeito, a cota de neve situarase durante a noite ao redor das 500 e 600 metros. As temperaturas non rexistrarán grandes cambios, mentres que os ventos soprarán moderados do noroeste.
Un total de 41 provincias —entre elas, Lugo e Ourense— terán este luns avisos de risco (amarelo) por vento, nevadas e forte ondada, así como de risco importante (laranxa) por estes dous últimos fenómenos, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).