Os líderes de Resistencia Galega vivían nunha antiga comuna de Fornelos de Montes

Toninho e Asunción Losada vivían agochados no monte

Zona de Fornelos onde se atopaban os líderes de Resistencia Galega. TVG
photo_camera Zona de Fornelos onde se atopaban os líderes de Resistencia Galega. TVG

Antom García Matos, alias Toninho, e Asunción Losada Camba, fuxidos da Xustiza desde 2006 e detidos o pasado domingo, viviron durante os catro últimos anos nunha antiga comuna hippie de Fornelos de Montes, a apenas 30 quilómetros de Pontevedra e Vigo. 

Os dous presuntos líderes de Resistencia Galega, a banda considerada terrorista pola Audiencia Nacional e o Tribunal Supremo, vivían agochados e cunha economía de subsistencia, baseada na agricultura ecolóxica. Segunda informa Faro, tiñan unha pequena placa solar como fonte de enerxía e percorrían seis quilómetros a pé cando tiñan que facer recados en Fornelos.

Tras declarar na Audiencia Nacional o pasado martes, foron enviados a prisión acusados de integración en organización terrorista.

Comentarios