Os litorais de A Coruña, Lugo e Pontevedra, en alerta amarela

A situación empeorará este xoves, onde Meteogalicia advirte dun posible nivel vermello
Chuvia en Pontevedra. RAFA FARIÑA
photo_camera Chuvia en Pontevedra. RAFA FARIÑA

Os litorais galegos terán activada a alerta amarela durante este mércores. As ondas de entre 4 e 5 metros sumadas a un vento de forza 7 complicarán a situación.

A situación empeorará o xoves, xornada na que Meteogalicia advirte sobre un posible nivel vermello debido á ondada. 

DESBORDAMENTOS. As últimas choivas aumentan as posibilidades de desbordamentos na contorna dos ríos Ouro, Covo, Landro, Eume, Mandeo, Tambre e Ulla.

O TEMPO. Este mércores Galicia estará situada entre unha nova borrasca en Irlanda e o anticiclón dos Azores, á espera da chegada dunha fronte fría cara á noite.

Polo tanto, os ceos estarán parcialmente anubrados con choivas febles illadas e ocasionais durante o. Pola noite as choivas tarde-noite xeneralizadas e por momentos de forte intensidade, descendendo progresivamente a cota de neve. As temperaturas mínimas experimentaron un moderado ascenso e as máximas quedarán sen cambios significativos.

O vento soprou de compoñente norte pola mañá, rolando a oeste a partir do mediodía e soprando con forte intensidade pola noite.