Localizado en bo estado o home de 99 anos desaparecido en Monterroso

O ancián foi achado nas inmediacións do seu domicilio

O home de 99 anos desaparecido na tarde do martes en Monterroso foi localizado este mércores nas proximidades do seu domicilio.

O ancián foi achado ao fío das 12.30 horas con "síntomas leves de hipotermia" no marco do operativo de procura despregado pola Garda Civil e o GES de Monterroso, no que tamén participaron veciños e achegados do nonaxenario.

Un familiar do desaparecido foi o que avisou ás 10.15 horas deste mércores ao servizo de urxencias da desaparición do home.

O alertante indicou que o seu familiar faltaba desde a tarde deste martes no lugar de Marco, na parroquia de Santiago de Ligonde, concretaron por parte do 112 Galicia.

Por iso, o 112 Galicia avisou á Garda Civil, puxo en marcha un operativo para localizar a este nonaxenario, así como ao GES de Monterroso.