O lume de Cualedro e Monterrei é xa o maior desde 2017, tras devorar máis de 1.500 hectáreas

O lume deuse por controlado na tarde do sábado
Un vecino se lamenta de los daños provocados por el fuego en Cualedro. BRAIS LORENZO (Efe)
photo_camera Un vecino se lamenta de los daños provocados por el fuego en Monterrei. BRAIS LORENZO (Efe)

O incendio forestal iniciado o pasado mércores no municipio ourensán de Cualedrocontrolado desde a tarde deste sábado, supera as 1.500 hectáreas de terreo queimado, segundo as últimas estimacións da Xunta. A cifra convérteo no maior que rexistra Galicia desde a vaga de lumes de 2017. 

A Consellería do Medio Rural actualizou este venres —"xa sen fume no lugar"— as estimacións de superficie queimada por este incendio, que, no seu avance durante as primeiras horas, obrigou a activar a alerta de Situación 2 pola proximidade ás vivendas do núcleo de San Cristovo, en Monterrei

Danos provocados polo lume en Cualedro. BRAIS LORENZO (Efe)

O lume iniciouse o mércores na parroquia de San Millao e durante as primeiras horas avanzou con gran velocidade, alimentado polo vento e a calor na zona. A última hora do xoves as chamas volveron xerar momentos de tensión ao dirixirse ao núcleo de Oímbra, chegando á zona entre Bousés e A Granxa. Alí, os medios aéreos conseguiron cortar o lume e deixalo illado á beira dunha estrada provincial situada entre esas dúas localidades.

Ante a "evolución favorable" deste incendio, que se cre intencionado, Medio Rural informou de que a nova medición provisional de superficie afectada alcanza as 1.535 hectáreas, das que 525 son agrícolas e 1.010 forestais. En virtude desa medición, o de Cualedro adquire a consideración de grande incendio forestal. 

Ademais, dáse a circunstancia de que é o maior incendio forestal rexistrado en Galicia desde a vaga de lumes que arrasou a comunidade a finais de 2017. De feito, en todo o ano 2018 arderon en Galicia, segundo o Pladiga, 2.599 hectáreas de terreo e algo máis de 6.800 en 2019. O ano pasado, o lume máis grande rexistrado afectou os municipios coruñeses de Dodro e Rianxo, onde quedaron calcinadas 1.160 hectáreas. 

Para a extinción do lume de Cualedro e Monterrei mobilizáronse dous técnicos, 37 axentes, 95 brigadas, 38 motobombas, seis pas, trece helicópteros e outros tantos avións, así como efectivos da Unidade Militar de Urxencias (Ume).

Superficie calcinada en Cualedro. BRAIS LORENZO (Efe)