Morre un home nun accidente de tráfico na Baña

O suceso tivo lugar sobre as 18.10 horas no lugar de Seoane

Un home faleceu este luns ao chocar o vehículo no que viaxaba contra unha furgoneta no municipio da Baña, concretamente no lugar de Seoane. 

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 18,10 horas e ao lugar desprazáronse os efectivos sanitarios, que non puideron facer nada por salvar a vida do home. 

Así mesmo, tamén acudiron ao momento os efectivos da Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Santa Comba que, conforme explicaron a Europa Press, traballan para retirar o vehículo e limpar a zona. 

No momento do suceso, varios particulares contactaron co 112 Galicia para informar o accidente. Conforme apuntaron ao CIAE 112, unha das persoas atopábase inconsciente.