viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Investigan se unha picadura de abella desencadeou a morte dun veciño das Nogais

Abellas nun enxame. EP
Abellas nun enxame. EP

Tivo que ser evacuado o domingo pola tarde

O veciño das Nogais que tivo que ser evacuado na tarde do domingo a un centro médico tras sufrir unha indisposición en Doncos falecía finalmente este luns no Hula. Aínda que o home presentaba unha picadura de abella, está a investigarse a través das pertinentes probas forenses se foi este factor o que desencadeou a morte do septuaxenario, sen que se descarten outras hipóteses, como a dun posible fallo cardiáco. 

Tras recibir o aviso dun familiar, o 112 mobilizou á zona a efectivos do GES de Becerreá, axentes do cuartel da Garda Civil dese mesmo concello e unha ambulancia. Tamén se desprazou un helicóptero para axilizar o traslado deste veciño, septuaxenario, que chegou a entrar en parada cardiorrespiratoria e foi reanimado por un dos efectivos do GES tras varios minutos de manobras.

Investigan se unha picadura de abella desencadeou a morte dun...