Núñez Feijóo defende atrasar a apertura de discotecas

O obxectivo sería non "demonizar" ao sector no caso de que haxa rebrotes
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. EFE
photo_camera O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. EFE

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defende a decisión de atrasar ata xullo en Galicia a apertura de discotecas e locais de lecer nocturno para "non demonizar" ao sector no caso de que se produzan rebrotes de coronavirus nestes establecementos. 

Preguntado este martes pola prensa por esta decisión da Xunta, explica que este peche se mantén "durante algún tempo" para "non demonizar" a discotecas e "non identificar o sector do lecer nocturno con rebrotes". 

"Comprendo perfectamente a un sector que estivo especialmente castigado durante a pandemia", dixo Feijóo, pero sinala que "as prácticas" que se producen nunha discoteca, nunha sala de festas ou nun bar nocturno" teñen "un risco superior a outras condutas que se producen noutros establecementos". 

Neste sentido, recorda que só se podería abrir "un terzo" dos locais "sen que haxa actividade de baile". "Entendemos que entre isto ou permanecer pechados non hai moita diferenza desde o punto de vista económico", apostila. 

"Se no caso de abrir este sector de forma anticipada prodúcense rebrotes nestes establecementos si quedarían definitivamente tocados durante moitos meses"

Ademais, o titular do Goberno autonómico remarca que desde o luns incrementouse a mobilidade "dunha forma definitiva" en Galicia, polo que pensa que "o correcto" son as "cautelas" no lecer nocturno, pois as persoas "xa están a circular sen limitacións". "Empezamos xa a recibir turistas", di, xa que "non hai que ver máis que algunhas ocupacións en costa". 

Sabe que "están a pasar un momento dunha enorme tensión económica, levan moitos meses sen facturar, tiveron que aguantar o aluguer dos seus locais, tiveron que pagar impostos locais", unido a pagar nóminas ou facer un Erte. 

"Se no caso de abrir este sector de forma anticipada prodúcense rebrotes nestes establecementos si quedarían definitivamente tocados durante moitos meses", deixa claro Núñez Feijóo.

REUNIÓN O XOVES. Así mesmo, sinalou que a Xunta reunirase este xoves co sector para ver como "enfocar un futuro próximo con strong<> unhas maiores certidumbres". 

O obxectivo é "seguir traballando en próximas semanas" para ver como abrir "con seguridade" nestes establecementos. 

Comentarios