Domingo. 21.04.2019 |
El tiempo
Domingo. 21.04.2019
El tiempo

Persoal da TVG denuncia "represalias" contra Marga Pazos pola súa participación nos Venres Negros

A xornalista Marga Pazos. @DefendeAGalega
A xornalista Marga Pazos. @DefendeAGalega

A xornalista foi relegada das súas funcións de redactora e pasa a ser só locutora

A xornalista e presentadora dos informativos da TVG Marga Pazos vén de ser relegada das súas funcións como redactora "para limitala ás funcións obsoletas de locutora de TV". Así o denunciou este mércores o comité de empresa da CRTVG a través dun comunicado.

A representación sindical tacha a decisión da directora de Informativos, Concha Pombo, de "grave represalia" contra Pazos pola súa participación activa nos Venres Negros, a defensa da independencia dos medios de comunicación públicos en Galicia e da lingua galega. Ademais, foi unha das profesionais que participou na folga feminista do 8-M, pola que a compañia foi condenada pola "vulneración deste dereito ao substituír a súa ausencia por outro traballador".

Esta medida chega, segundo informan desde o comité de empresa, despois de que á xornalista se lle recoñecese, mediante unha sentenza en primeira instancia, o seu dereito "a percibir o complemento de nivel (de locutora e redactora) despois de quedar acreditado que leva anos desenvolvendo esas funcións".

Deste xeito, Marga Pazos "pasa a ser a única locutora á que se lle prohíbe redactar".

O persoal da canle pública espera que "a empresa recapacite e reconduza esta perversa e asfixiante política de represión" á que achaca as accións tomadas contra outros profesionais como Tati Moyano, Alfonso Hermida, Carlos Jiménez ou Ana Pérez.

Persoal da TVG denuncia "represalias" contra Marga Pazos pola súa...
Comentarios