O primeiro temporal do outono chega a Galicia este domingo

A Coruña, Pontevedra e Ourense estarán en alerta amarela por choivas intensas
Día de viento y lluvia. PEPE FERRÍN
photo_camera Día de viento y lluvia. PEPE FERRÍN

Meteogalicia activou para este domingo o aviso amarelo pola fronte fría que entrará polo oeste en Galicia e que deixará choivas intensas ao longo da xornada. En concreto, a alerta estenderase a partir de madrugada desde o litoral oeste da provincia da Coruña ata case todo o territorio de Ourense e Pontevedra. 

Segundo a información da web de Meteogalicia, esta situación, debida a unha borrasca que se situará sobre Irlanda, deixará abundantes precipitacións que darán lugar a acumulacións de máis de 40 litros por metro cadrado

En concreto, o aviso amarelo comezará ao redor das 3,00 da madrugada na costa oeste da Coruña e irase desprazando cara ao leste ao longo do día. Deste xeito, a partir das 21.00 e ata as primeiras horas do luns, a alerta xa só quedará activada na montaña ourensá. 

Temporal

Este será primeiro temporal do outono na comunidade galega, que deixará choivas xeneralizadas en toda o territorio, aínda que máis abundantes no sur, e temperaturas máximas por baixo dos 20 graos na maioría de puntos. 

Tras un sábado cun tempo de transición, os primeiros ventos intensos e choivas abundantes entrarán polo oeste xa na madrugada e na mañá do domingo. 

A afectación desta fronte bastante intenso podería estenderse á xornada do luns, que terá características similares, aínda que as choivas minorarán co paso das horas. Esta fronte fría dará paso ao tempo de outono en Galicia.