Rescatan o corpo dun mergullador falecido en Mañón

Foi un acompañante da vítima quen chamou ao 112 ao darse conta de que faltaba

Costa de Cabo de Ortegal, en Cariño. AEP
photo_camera Costa de Cabo de Ortegal, en Cariño. AEP

Un mergullador foi achado falecido na tarde deste sábado en Mañón. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, levaba en paradoiro descoñecido desde as 11.00 horas deste sábado, cando foi visto por última vez na auga.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 17.00 horas desta tarde, cando unha persoa que acompañaba ao mergullador deu conta da súa desaparición. Poucos minutos despois, a persoa que alertou ao Centro Integrado de Atención ás Urxencias 112 Galicia indicaba que atoparan o cadáver do home.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil, dos voluntarios de Protección Civil de Mañón e do 061-Urxencias Sanitarias.

Segundo indicóuselle ao 112 Galicia, o corpo sen vida foi rescatado por unha embarcación de Salvamento Marítimo e trasladado ao porto de Agarimo.

Ademais, os xestores do 112 Galicia informaron do ocorrido ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Urxencias (Gipse) por se fose necesario prestar atención aos familiares do mergullador falecido. 

Comentarios