Só sete concellos galegos reúnen as condicións para ser "municipio intelixente"

O documento sinala que menos dunha vintena de municipios galegos deron pasos para implementar a "intelixencia" na xestión dos servizos públicos

Un usuario utiliza Twitter en su móvil.EP
Un usuario utiliza Twitter en su móvil.EP

Só sete dos 313 concellos de Galicia reúnen as condicións para ser un municipio "intelixente" e unicamente 18 localidades apostan por converterse nunha 'smart city', segundo o último informe elaborado por Rede Localis, a entidade investigadora sobre a administración local. 

O documento, presentado este luns en Ourense, sinala que menos dunha vintena de municipios deron pasos para implementar a "intelixencia" na xestión dos servizos públicos. 

Trátase da Coruña, Arteixo, Narón, Ferrol, Ames, Culleredo, Marín, Pontevedra, Vigo, Redondela, Ponteareas, Lalín, A Estrada, Sanxenxo, O Grove, Santiago, Lugo e Ourense. 

Así, Rede Localis apunta que, ata o momento, as iniciativas céntranse en catro eixos: mobilidade e transporte, enerxía, gobernanza e planificiación, e xestión pública. 
Por contra, lamenta que entre as entidades locais galegas "apenas hai experiencias para mellorar o medio ambiente, a cohesión social e o capital humano e promoción do desenvolvemento económico". 

Neste sentido, o profesor da Universidade de Vigo e autor do estudo, Alberto Vaqueiro, apuntou que a "dimensión" dos municipios galegos "debe fomentar as iniciativas conxuntas" entre varios concellos baixo a coordinación das deputacións.

ANÁLISIS POR PROVINCIAS 
O informe de Rede Localis analiza por provincias a implantación de servizos "intelixentes" nos concellos. En Pontevedra, destaca "o papel" como 'smart city' de Vigo, así como o "forte aposta polos destinos turísticos intelixentes desde varios concellos de forma conxunta", en referencia a Sanxenxo e O Grove. 

Rede Localis tamén destaca a "aposta clara polo turismo intelixente" que levan a cabo tanto o concello como a deputación de Ourense, mentres que en Lugo, a capital exerce de referente na provincia galega "con menos experiencias ata o momento". 

Para rematar, na Coruña, os investigadores resaltan as "estratexias conxuntas" entre varios municipios como o proxecto 'Cidade 2020', impulsado por Ferrol e Narón; mentres a cidade herculina é "o máximo expoñente de cidade intelixente" da provincia. 

Comentarios