Suspendido o plan de transporte da Xunta a petición das patronais

Alegan "deficiencias" na valoración económica ► A Xunta non se opón á medida cautelar para que exista a "máxima seguridade xurídica" 
 

Imagen de la huelga contra el plan de transporte de 2017 en Viveiro. J.Mª ÁLVEZ
photo_camera Imagen de la huelga contra el plan de transporte de 2017 en Viveiro. J.Mª ÁLVEZ

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia decretou a suspensión de forma cautelar do plan de transporte da Xunta a petición das patronais do sector, que reclamaron esta medida con carácter previo á presentación de recurso por observar "deficiencias" na valoración económica para a contratación de liñas. 

Nunha resolución con data do 26 de abril, o tribunal acepta así a petición de catro federacións de transporte de viaxeiros: Anetra, Fegabús, Fegatravi e Transgacar. 

Respecto diso, a Xunta sinala que non se opón á esta medida cautelar en favor da "máxima seguridade xurídica", aínda que solicita tamén que afecte o prazo de presentación de ofertas (era até o 3 de maio), cuestión que acepta o Tribunal Administrativo de Contratación Pública. 

Precisamente, esta semana o sindicato CIG avanzou a súa intención de levar aos xulgados estes contratos, xa que "están infravalorados na súa dotación económica" e "son ruinosos" para as empresas. Ademais, remarcou a intención de recorrer por parte das patronais.

PLAN DE TRANSPORTE. A Xunta aprobou recentemente a licitación dos 100 primeiros contratos –para entrar en funcionamento en agosto– de transporte público que operarán en Galicia durante a próxima década no marco da última fase do seu plan, que incluirán 50 contratos máis que sairán a información pública en xuño. 

Ese centenar de contratos abarcar unhas 2.000 liñas, das cales preto do 70% serán buses de uso compartido entre viaxeiros adultos e escolares. Supoñen un volume de negocio duns 630 millóns, dos cales 500 millóns proveñen das arcas da comunidade. 

Comentarios