As temperaturas subirán notablemente a partir desta tarde

O tempo. METEOGALICIA
photo_camera O tempo. METEOGALICIA

Galicia quedará o mércores baixo a influencia das altas presións, de forma que se espera unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, con algunha nube baixa no terzo norte. 

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenderán, con sensación de calor pola tarde na metade sur. 

Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral. 

Mínimas e máximas por cidades
A Coruña 15° 25
Ferrol 17° 28°
Lugo 12° 26°
Ourense 18° 35°
Pontevedra 15° 30°
Santiago 15° 28°
Vigo 17° 29°

Comentarios