
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) mantén activo ata a tarde deste luns, 2 de decembro, en toda a costa galega un aviso amarelo por forte ondada e ventos de forza sete que soprarán do nordeste.
Segundo a información recolleita recollida na súa páxina web, o litoral das provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo permanecen baixo esta alerta desde as 18.00 horas da tarde deste domingo.
Esta situación manterase ata o mediodía do luns nas Rías Baixas e na costa do sur da Coruña. Na Mariña lucense cesará ás 18.00 da mesma xornada, mentres que na Costa da Morte e o norte coruñés podería prolongarse ata a medianoite.
No conxunto do Estado, un total de 20 provincias estarán este luns 2 de decembro en aviso amarelo por choivas, nevadas e fenómenos costeiros, segundo a predición de Aemet, que prevé unha baixada de temperaturas en case todo o país.