
O Goberno galego adxudicou pola vía de urxencia o dispositivo das eleccións galegas do próximo 5 de abril. Segundo a documentación publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, o do servizo para a organización, xestión, coordinación, supervisión e control da xornada electoral foi adxudicado a Indra Soluciones Tecnologías de la Información, por un importe de 867.769 euros máis Ive.
Tamén se ocupará da formación do persoal encargado da transmisión dos datos de participación, e da recollida, reconto, procesamiento e seguimento da participación electoral e difusión dos votos, así como dos datos de reconto na xornada electoral.
A planificación do proceso electoral e tarefas como o sitio web das eleccións foi adxudicado a Contactnova por 313.897 euros máis Ive.
PAPELETAS. Así mesmo, a impresión, planificación e organización das papeletas, sobres de votación e documentación electoral, así como os documentos necesarios para o voto accesible das persoas invidentes, correrá a cargo da Agencia Gráfica Gallega S.L., por un importe de 671.892 máis Ive.
A Xunta anunciou a finais de decembro de 2019 a activación do proceso ordinario para organizar as eleccións galegas. En total, a Vicepresidencia da Xunta impulsou tres contratacións que sumaban un importe que roldaba os 3 millóns de euros, pero finalmente, tras o adianto electoral ao 5 de abril, a Xunta recorreu ao procedemento de urxencia.