'Viva Galiza': o tuit do autor de 'Trainspotting'

O escocés Irvine Welsh comparte unha imaxe dunha pintada: "Galiza is not Spain"

A imaxe compartida por Welsh. TWITTER
photo_camera A imaxe compartida por Welsh. TWITTER

Irvine Welsh, o escritor escocés da novela Trainspotting, levada exitosamente ao cine por Danny Boyle na icónica película dos noventa, colgou un chío no que compartía unha pintada onde se podía ler Galiza is not Spain.

A mensaxe, moi compartida nas redes, acompañouna dun sucinto 'VivaGaliza!".