El tiempo
martes. 16.08.2022
El tiempo

A neve dá paso á choiva

Este xoves un centro de baixas presións situarase sobre Galicia, polo que se espera ceo cuberto con choivas que empezarán pola mañá no sur e oeste da Comunidade e que serán xeneralizadas a partir do mediodía. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará moderado de compoñente sur, con algún intervalo forte no litoral. 

Mentres, as temperaturas experimentarán un ascenso, máis acusado nas mínimas. Deste xeito, as máximas ascenderán até os 13 graos en Vigo e Pontevedra e as mínimas descenderán até o catro graos en Lugo. 
 

A neve dá paso á choiva