sábado. 04.12.2021 |
El tiempo
sábado. 04.12.2021
El tiempo

O aire frío relaxará as máximas no litoral, que seguen altas no interior

A previsión para este domingo
A previsión para este domingo

O domingo Galicia continuará baixo influencia anticiclónica, con circulación do nordeste, que achegará humidade desde o mar, así como aire frío en altura, que aumentará lixeiramente a inestabilidade atmosférica, segundo a predición de Meteogalicia.

Deste xeito, os ceos estarán pouco nubrados en xeral, con nubes de estancamento e a posibilidade dalgún orballo ao norte e néboas no litoral atlántico. 

Pola tarde aumentarán as nubes de evolución no interior, sen descartar algún chuvasco ocasional nas áreas de montaña 

As temperaturas mínimas seguirán sen cambios, mentres que as máximas descenderán moderadamente. 

Os ventos soprarán frouxos, do nordeste, con intervalos fortes na Costa da Morte.

Temperaturas mínimas e máximas previstas para o domingo:  A Coruña 19°/24°; Ferrol 17°/26°; Lugo 15°/29°; Ourense 18°/38°; Pontevedra 17°/28°; Santiago 16°/31°; Vigo 17°/27°. 

O aire frío relaxará as máximas no litoral, que seguen altas no...
Comentarios