A influencia anticiclónica volve a Galicia este luns, de forma transitoria. As nubes matinais iranse desfacendo e darán paso a unha tarde de ceos pouco nubrados en xeral, con nubes de evolución e algún chuvasco en áreas de montaña.
As previsións de Meteogalicia apuntan a que as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Nas principais cidades, as mínimas moveranse entre os 10 graos de Lugo e os 15 que rexistrarán a maioría, mentres que as máximas alcanzarán os 30 en Ourense e os 28 en Pontevedra.
Ferrol 12° 23°
Lugo 10° 25°
Ourense 15° 30°
Pontevedra 15° 28°
Santiago 15° 24°
Vigo 15° 27°
O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso entre a Costa da Morte e as Rías Baixas pola tarde e zonas altas do interior.
A situación meteorolóxica anúnciase así máis tranquila que a do domingo, unha xornada pasada por auga en boa parte da comunidade.
Boa noite! No mapa de chuvia acumulada vemos como os rexistros máis elevados son ao suroeste da #Coruña e en amplas zonas de #Pontevedra
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) August 1, 2021
👉A previsión é que nas vindeiras horas se vaia consolidando a circulación do nordés e así as chuvias iranse retirando polo sur da Comunidade pic.twitter.com/yuY3Lccpnj