A anécdota| Rajoy rompeu un dedo durante as vacacións

A visita do presidente do Goberno ás obras da A-57 estivo marcada por un forte dispositivo de seguridade

Rajoy, con un vendaje que le inmoviliza dos dedos. JAVIER CERVERA
photo_camera Rajoy, cunha vendaxe que lle inmobiliza dous dedos. JAVIER CERVERA

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy visitou este luns as obras da A-57 entre A Ermida e Vilaboa. Durante a súa estancia en Pontevedra chamou a atención unha vendaxe que inmobilizaba dous dedos da súa man dereita. E é que, segundo explicou o mandatario popular, rompeu unha falanxe nas vacacións de Semana Santa que pasou en Sanxenxo. 

"Non llo diga a ninguén. Fíxenmo eu só", díxolle a unha xornalista segundos antes de subirse ao coche oficial.

Esta foi a única resposta que deu este luns o presidente do goberno durante o acto en Pontevedra, no que non se admitiron preguntas dos xornalistas. 

UN FORTE DISPOSITIVO DE SEGURIDADE. O acto celebrouse no medio de fortes medidas de seguridade. Polo menos nove furgóns da Policía vixiaron os accesos á chaira que a construtora San José, concesionaria do tramo da A-57 entre A Ermida e Vilaboa, acondicionou o pasado fin de semana para a visita de Rajoy e o resto de autoridades.

Comentarios