domingo. 20.09.2020 |
El tiempo
domingo. 20.09.2020
El tiempo

Aproveiten este solleiro domingo: a choiva volve o luns

Previsión para este domingo. METEOGALICIA
Previsión para este domingo. METEOGALICIA
Moitas localidades alcanzarán e incluso superarán os 30 graos 

O domingo Galicia estará nunha situación intermedia entre as altas presións situadas sobre Europa central e unha baixa relativa ao oeste de Portugal.

Os ceos estarán parcialmente nubrados, quedando máis despexados no terzo norte. 

As temperaturas mínimas estarán en lixeiro ascenso e as máximas sen cambios, con lixeiros ascensos no terzo norte e lixeiros descensos ao sur.

O vento soprará frouxo de dirección variable en xeral. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 20º/29º; Ferrol 19º/32º; Lugo 14º/32º; Ourense 18º/37º; Pontevedra 21º/33º; Santiago 20º/34º;
Vigo 23º/32º. 

Aproveiten este solleiro domingo: a choiva volve o luns
Comentarios