miércoles. 27.01.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.01.2021
El tiempo

Así será o día de Nadal: ceos despexados, pero bastante frío

Un día frío e solleiro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Un día frío e solleiro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
O sábado non haberá cambios, pero o domingo chegará unha fronte moi activa á comunidade

Galicia quedará estes días festivos baixo a influencia de altas presións, con circulación de ventos do norte e o nordeste que farán baixar as temperaturas, deixarán xeadas no interior e ceos despexados en xeral, segundo a predición de Meteogalicia.

Durante o día de Nadal, Galicia seguirá baixo a influencia anticiclónica, con circulación do nordés. Os ceos seguirán pouco nubrados ou despexados en xeral, con alternancia de nubes e claros no terzo norte e con posibilidade de  chuvascos ocasionais na Mariña. Os ventos soprarán moderados en xeral, con intervalos fortes no litoral noroeste.

A situación manterase practicamente igual o sábado, aínda que o domingo chegará unha fronte moi activa a Galicia que deixará choivas intensas. 

Temperaturas máximas e mínimas para o 25 de decembro
A Coruña 5° 10°, Ferrol 5° 10°, Lugo 0° 8°, Ourense 1º 13°, Pontevedra 4° 12°, Santiago de Compostela     3° 9° e Vigo 4° 13°


 

Así será o día de Nadal: ceos despexados, pero bastante frío