jueves. 09.12.2021 |
El tiempo
jueves. 09.12.2021
El tiempo

Auga e baixada das temperaturas

Este xoves persistirá a inestabilidade atmosférica sobre Galicia polo que de novo a xornada estará caracterizada por ceo parcialmente cuberto con chuvascos ocasionalmente tormentosos, puntualmente de forte intensidade e localmente acompañados de saraiba, máis probables na metade sur da Comunidade galega. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente norte, moderado no norte e máis frouxo no sur, con intervalos fortes pola noite entre Bares e Fisterra. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro descenso. Deste xeito, as máximas subirán até os 29 graos en Ourense, mentres os valores mínimos descenderán até os 11 graos na capital ourensá. 

Auga e baixada das temperaturas
Comentarios