Este venres Galcia vivirá a chegada dunha fronte fría polo oeste, que traerá moita humidade. Así agárdase unha xornada de ceos cubertos con chuvias febles que comezarán pola mañá no oeste estendéndose ao resto da comunidade co avance da tarde.
As temperaturas sufrirán un descenso, entre lixeiro e moderado nas mínimas e entre moderado e notable nas máximas. O vento soprará do suroeste, frouxo en xeral, con intervalos moderados.
MÍNIMA-MÁXIMA
A Coruña 17° 20°
Ferrol 16° 18°
Lugo 12° 22°
Ourense 15° 23°
Pontevedra 16° 20°
Santiago de Compostela 14° 18°
Vigo 16° 21°
Ferrol 16° 18°
Lugo 12° 22°
Ourense 15° 23°
Pontevedra 16° 20°
Santiago de Compostela 14° 18°
Vigo 16° 21°