Baixan as máximas e soben as posibilidades de choiva este mércores en Galicia

Mapa da previsión do tempo para este mércores en Galicia.METEOGALICIA
photo_camera Mapa da previsión do tempo para este mércores en Galicia.METEOGALICIA

Este mércores Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, co paso dunha fronte pouca activa a primeiras horas. Así, durante a mañá predominarán as nubes baixas, con choiva miúda máis probable nas provincias da Coruña e Pontevedra. A tarde será de ceo parcialmente cuberto na metade norte e ceo pouco anubrado ou despexado na metade sur.

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente oeste. Pola súa banda, as temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán entre un moderado a notable descenso.

Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 26 graos en Ourense, mentres os valores mínimos descenderán até os 14 graos en Lugo e Santiago. 

MÍNIMA-MÁXIMA
A Coruña     16°     20°

Ferrol     16°     21°

Lugo     14°     23°

Ourense     16°     26°

Pontevedra     16°     23°

Santiago de Compostela     14°     21°

Vigo     15°     22°

Comentarios