As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso
O xoves a borrasca retirarase cara ao sur, deixando a Galicia nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, con ventos de compoñente leste. Así, agárdanse ceos máis máis abertos polo norte, con máis nubes na metade sur con algunhas precipitacións no sur de Ourense .
As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán de compoñente leste, frouxos no interior e moderados na costa.