Ceo cuberto, con choivas persistentes 

Este venres non se esperan cambios significativos, xa que seguirá Galicia baixo a influencia dunha borrasca situada ao norte do Océano Atlántico. Así, o ceo estará cuberto, con choivas persistentes nas provincias da Coruña e Pontevedra e máis ocasionais no resto da comunidade. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente sur, virando a norte co avance do día. 

Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro descenso. Deste xeito, as máximas ascenderán até os 16 graos en Ourense e as mínimas descenderán até os 10 graos en Santiago, Lugo e Pontevedra. 
 

Comentarios