viernes. 23.04.2021 |
El tiempo
viernes. 23.04.2021
El tiempo

Ceos despexados e subida de temperaturas este domingo en Galicia

A previsión para este domingo. METEOGALICIA
A previsión para este domingo. METEOGALICIA
As altas presións situadas ao oeste de Irlanda e unha borrasca no Mar Mediterráneo continuarán deixando un corredor de vento do nordeste, que soprará máis intenso no litoral

O domingo as altas presións estarán situadas ao noroeste de Galicia, de maneira que os ceos estarán despexados en xeral e as temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso.

Doutra banda, as altas presións situadas ao oeste de Irlanda e unha borrasca no Mar Mediterráneo continuarán deixando un corredor de vento do nordeste, que soprará máis intenso no litoral e con forza especialmente no litoral oeste da Coruña (Costa da Morte), onde está activado o aviso de alerta amarela.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 5º/15º, Ferrol 5º/15º, Lugo 2º/13º; Ourense 1º/17º; Pontevedra 5º/17º; Santiago 3º/15º; Vigo 6º/18º. 

Ceos despexados e subida de temperaturas este domingo en Galicia
Comentarios