El tiempo
viernes. 01.07.2022
El tiempo

Ceos moi anubrados e chuvascos

Unha fronte pouca activa entrará polo oeste e deixará este xoves o ceo moi anubrado ou cuberto, con posibilidade de orballos pola mañá máis probables no oeste e pola tarde chuvascos illados ocasionais. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente oeste. Pola súa banda, as temperaturas non experimentarán cambios significativos. 

Deste xeito, as temperaturas máximas subirán até os 22 graos en Ourense, mentres os valores mínimos descenderán até os 11 graos en Lugo e A Coruña. 

Ceos moi anubrados e chuvascos
Comentarios