Mañá agárdase a chegada dunha nova fronte pouco activa ao oeste de Galicia. Con esta situación, teremos os ceos moi nubrados no oeste, con chuvascos na primeira metade do día, e ceos pouco nubrados no leste da Comunidade.
As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados na costa e máis frouxos no interior.