viernes. 17.09.2021 |
El tiempo
viernes. 17.09.2021
El tiempo

Os ceos quedarán despexados a partir do mediodía do mércores

Previsión para este mércores. METEOGALICIA
Previsión para este mércores. METEOGALICIA
As temperaturas mínimas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado, mentres que as máximas continuarán sen cambios ou en lixeiro ascenso

As altas presións do arquipélago dos Azores entrarán durante a xornada do mércores en Galicia achegando estabilidade, de forma que amencerá con intervalos de nubes baixas e néboas en vales do interior que tenderán a desaparecer para quedar os ceos despexados a partir do mediodía.

As temperaturas mínimas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado, mentres que as máximas continuarán sen cambios ou en lixeiro ascenso.

Os ventos soprarán frouxos variables pola mañá, tomando un compoñente norte e aumentando en intensidade pola tarde.

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 10° 18°; Ferrol 9° 18°; Lugo 6° 21°; Ourense 5° 25°; Pontevedra 7° 23°; Santiago 7° 21°; Vigo 8° 22°. 

Os ceos quedarán despexados a partir do mediodía do mércores
Comentarios