miércoles. 11.12.2019 |
El tiempo
miércoles. 11.12.2019
El tiempo

Chegan as choivas e o tempo propio do outono

Este sábado unha fronte fría chegará a Galicia, con entrada de aire frío que levará un significativo descenso das temperaturas. Con esta situación, durante as primeiras horas do día, os ceos estarán parcialmente cubertos e co avance da xornada comezarán as choivas que se estenderán de norte a sur. 

Segundo a información de Meteogalicia, os ventos soprarán frouxos no interior, moderados na costa, do suroeste pola mañá, de norte pola tarde, despois do paso da fronte, cambiando a nordés pola noite. As temperaturas descenderán, especialmente as máximas, que sufrirán un notable descenso. 

En concreto, por cidades, as máximas oscilarán entre os 25 graos de Ourense e os 17 da Coruña, mentres que as mínimas estarán entre os 7 de Lugo e os 14 da Coruña. 

Chegan as choivas e o tempo propio do outono
Comentarios