Viernes. 25.05.2018 |
El tiempo
Viernes. 25.05.2018
El tiempo

A choiva será, un día máis, a protagonista da xornada

Galicia quedará este xoves na influencia dunha profunda borrasca situada sobre Islandia, cunha fronte que achegará inestabilidade. Así, o ceo estará cuberto durante todo o día con choiva máis persistente no litoral atlántico, pero que, de forma intermitente, tamén se rexistrará noutros puntos da comunidade. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará moderado do suroeste ao principio da xornada, tendendo a quedar en calma a partir de media mañá. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un ascenso, mentres que as máximas non terán cambios. Deste xeito, as máximas ascenderán até os 15 graos na Coruña e Ourense, e as mínimas descenderán até os 10 graos en Lugo. 
 

A choiva será, un día máis, a protagonista da xornada