sábado. 23.10.2021 |
El tiempo
sábado. 23.10.2021
El tiempo

Chuvascos tormentosos e descenso de temperaturas o mércores en Galicia

Previsión para este mércores. METEOGALICIA
Previsión para este mércores. METEOGALICIA

O aire frío que aínda o mércores persistirá nas capas altas da atmosfera traerá inestabilidade, de forma que os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos de carácter tormentoso, ocasionalmente de intensidade forte, segundo o prognóstico de Meteogalicia.

No litoral atlántico predominarán as brumas e nubes baixas.

As temperaturas sufrirán un moderado descenso, e o vento comezará o día frouxo de dirección variable e quedará de compoñente norte a partir do mediodía. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 14º 20º; Ferrol 17º 23º; Lugo 16º 27º; Ourense 19º 29º; Pontevedra 16º 26º; Santiago 16º 25º; 
Vigo 18º 25º. 

Chuvascos tormentosos e descenso de temperaturas o mércores en Galicia
Comentarios