viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

Coa borrasca Lola xa lonxe, Galicia afronta un luns de nubes con chuvascos pola tarde

Mapa coa previsión de Meteogalicia
Mapa coa previsión de Meteogalicia
Os termómetros oscilarán na Boa Vila entre os dez graos de mínima e os 20 de máxima que rexistrará Lugo e os 25 de máxima de OurenseOs termómetros nas grandes urbes oscilarán entre os nove graos de mínima

Durante este luns, a borrasca Lola atoparase lonxe de Galicia, o que levará unha diminución da inestabilidade atmosférica. Segundo detalla Meteogalicia, espérase unha xornada cunha mañá de alternancia de nubes e claros, crecendo nubes de evolución a partir do mediodía que deixarán algúns chuvascos no interior. 

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos do nordeste en xeral, con intervalos moderados no litoral norte. 

Así, os termómetros nas grandes cidades chegarán aos 25 graos en Ourense, os 21 en Ferrol e os 20 en Lugo, Pontevedra e Vigo. En canto aos valores máis baixos, na capital lucense, a cidade das Burgas e a urbe olívica rexistraransenove graos de mínima, mentres que na Boa Vila o mercurio non baixará dos dez graos.

Coa borrasca Lola xa lonxe, Galicia afronta un luns de nubes con...
Comentarios