David Amor: ''Herdei do meu abó Higinio o placer de tomar sopas de leite de casa, quentiño e con pan, en cunca grande e branca''

O pontevedrés David López, ex-xogador de balonmán e humorista, decidiu cambiar López por "Amor" pois non quería que o seu apelido "fose unha axuda para triunfar, ó ser o mesmo que o de Jennifer López e outros famosos", explicou a GG. Está de xira por Galicia con Leo Harlem, compañeiro de humor do programa televisivo "El club del chiste", co espectáculo "Pasa a tomar café...cando queiras". Entre os seus proxectos inmediatos, está a participación na nova serie "Buenagente" na que fará ó papel dun rapaz "galego e guapo" xunto a Arturo Vals e Antonio Melero. Ademáis terá varias galas, impartirá un curso de monologuistas co humorista tamén galego Oswaldo Digón e protagonizará unha campaña publicitaria dunha marca de leite, que curiosamente é o alimento do que máis disfruta, ademáis de todo o cociñado polas mulleres da sua familia, das que é siareiro incondicional.

                                               
Pregunta: Cal é a sua comida favorita e cal a que menos lle gusta?

Resposta: A miña favorita é calqueira que faga a miña nai Maribel, cando vou a casa a Pontevedra, pois dende que teño que ir a Madrid o que máis boto de menos é a comida da casa e no meu caso, as cociñeiras son a miña nai, a miña aboa e as miñas tías... (suspira e rí).
E algo que non me guste non existe, pois se está ben cociñado como de todo salvo eso que chaman "nova cociña" da que non me gusta que os pratos teñan tan pouca cantidade de comida. Bueno, se o penso máis lembro que non me gusta o leite de soia.

P: Cal é a sua bebida preferida e cal a que menos pide?

R: Se hai unha boa comida, a bebida perfecta para mín é un bó viño tinto como os "Ribera del Duero"...parece que tiro pouco para casa...(rí). O caso é que tamén me encanta un viño que se chama "tinto femia" de Bueu que ten unha producción pequena pero é exquisito. Tamén bebo moita "cocacola", quizá bebo de máis pero aí teño tamén a bebida que non me gusta nada e que ven sendo a "cocacola" cando atopas a botella quente, por riba da mesa, ó día seguinte dunha festa... nese momento ún morre de sede e ese refresco é o peor que se pode tomar.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: Pois son moi larpeiro así que teño varios. Primeiro as filloas con nata que fai a miña aboa Dolores, cando vou a sua casa cerca de Lalín. O segundo é a tarta de galletas con chocolate da miña nai Maribel e, se penso en Madrid, collín algo de vicio cas tortiñas que preparan nos "Vips" e vou de cando en vez a por elas.

P: Na cocina, ¿que tal se desenvolve e que prato se lle da mellor?
 
R: Na cociña eu son horrible (rí). Non sei nin abrir as latas de conservas e, se me apuras, nin chamar o "telepizza" (volta a rir). Están vindo de universidades de todo o mundo para estudarme por este tema porque é raro o meu ca cociña... pero como até agora non morrín de fame, é que a cousa mal non me vai (máis gargallada). Me nego a cociñar porque me estresa e si algunha vez fago algo na cociña, o seguinte que entra nela pensa que entraron a roubar...Creo que podo facer uns espaguetis pero volvo a miña inutilidade que me vale para unha subvención da Xunta (risa final)

P: Algún segredo recén descuberto que utilice na cociña?

R: Na cociña, aprendín só para sobrevivir e só podo contar o de tirar os espagueti contra a parede da cociña para saber se están ben feitos, pero só cando non me ve ninguén. Á hora de comer, dous segredos par apreciar máis a comida son algop de margarina para os espagueti, antes de comelos, e para comer carne, as salsas o lado do prato e non por riba.

P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R: Me gusta comer en cantidade así que sou de tres pratos, non só na casa senón tamén en Madrid, donde como no traballo. Alí temos "autoservicio" e collo sempre un primeiro prato de culler como caldo ou potaxe ou sopa, un segundo e un postre. Tamén me gusta o tapeo pero ten que ser potente, como o de Granada, onde vivín un ano e descubrina como a "Meca" do tapeo pois en cada consumición, poñen unha tapa de carta como hamburguesa, emparedado ou algo polo estilo. Tamén coñezo un sitio especial, con tapas potentes, en Pontevedra. Igual está a punto de pechar pero no bar "O Pino", na praza da Pedreira, tamén poñen tapas abundantes que me encantan, como empanada.

P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?

R: Eu sou moi clásico, moi galego según o tópico que define a cociña galega como sinxela. Temos un producto moi bó que non necesita complicacións. Lembro que fai pouco actuei en Mazaricos e logo invitaronme a comer nun bar normal e disfrutei un montón con unha comida de peituga, sopa, patacas fritas... estaba todo riquísimo.

P: ¿Carne ou peixe?

R: Por vagancia, sou máis de carne. Para comer me gusta arrumbar, chegar e tragar pero para comer peixe hai que sacar espiña... retirala pel... e todo eso me aburre.

P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por exemplo para momentos de tensión?

R: Pois sí. Tomo leite en todolos momentos do día. No desayuno, despois do xantar, pola noite e tamén nas resacas me fago unhas boas sopas de leite con pan. O das sopas herdeino do meu abó Higinio que preparaba unha cunca grande e das brancas chea de pan do día anterior até arriba... e incluso botando por fora o pan...logo colacao, zucre e leite quente, pero ten que ser a carón da cociña de leña para que o preparado casi levede... (parece relamberse mentres o conta pois acompaña a descripción con xemidos). Logo hai que removelo todo pero xusto antes do primeiro bocado, é delicioso ese primeiro cacho de pan que aínda ten "colacao" por riba sen disolver e que cae sobre o mesado da cociña...sólo nese momento está exquisito.
O abó Higinio era leiteiro e ó chegar a casa decía sempre que non lembraba se xa almorzara ou non así que, por si acaso, se preparaba unha cunca destas. Eu agora estoume facendo algo "pijo" e xa lle boto galletas pero sigue sendo auténtico, con leite de vaca da casa da miña aboa.

P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que lle resultase unha sorpresa agradable?

R: Fai pouco, o meu compañeiro de xira de monólogos Leo Harlem me convenceu para entrar en Madrid no restaurante "De María" para probar as mollejas de terneira. Eu non quería pero finalmente probeinas e me gustaron tanto que agora eu fago o mesmo cos amigos que van a verme...e lles insisto para que vaian a probalas... é como un "dejá vu".

P: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?

R: Non foi desagradable pero a verdade é que na "Postrería" da Coruña, fumos varios a xantar tras unha gala solidaria por Haití y nos montamos unha escena de críticas e malas caras con unha "musaca" con verduras. O prato non nos disgustou pero comezamos a facer "coña2 con él e incluso firmamos no libro facendo alusión a ese prato. O propietario do restaurante quedou preocupado pensando que de verdade íamos descontentos, pero non era así.

P: Por que prato sinte curiosidade e non coñece máis que por referencias?

R: Antes dunha actuación en Riós (Ourense) nunha gala na que estivo Rubén Riós, fumos a un restaurante de decoración peculiar e carta a base de carnes exóticas. Como ibamos pillados de tempo pedimos un plato normal e quedáronme gañas de voltar polas carnes raras que teñen... lembro que había, por exemplo, canguro.

P: Quen ou que cousa están para comelos?

R: Para comela está a miña irmá porque é un fenómeno de persoa. É máis pequena ca mín pero tamén a persoa máis boa que coñezo.

P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: Gadafi, que estes días está algo duro e con moho. Tamén todo ese tipo de xente que é como él. Tamén rillaría a doble moral da sociedade en todolos sensos e refírome a que nos escandalizamos por todo pero non loitamos por nada e vénseme á cabeza a prostitución que está prohibida...¡de qué! Autoridades e responsables, en lugar de regulala e deixarse de tonterías para darlle unha saída digna... prefiren ollar para outro lado e iso non me entra na cabeza... non o entendo.

P: ¿Pensa que somos o que comemos?

R: Sí. Se vemos a alguén comendo podemos saber cómo anda. Para eso hai que ver como afronta a comida e como a degusta e iso dice moito de como é.

P: Que lle suxire a frase pola boca morre o peixe?

R: É unha frase rara...fala da morte do peixe cando pica o anzó, claro. Pero é confusa como esas outras que se contradín "no por mucho madrugar amanece más temprano" e a de "a quién madruga, Dios le ayuda". O caso é que o peixe esté feito á prancha e con patacas... e para dentro.

Comentarios