Fernando Dacosta: ''A miña comida favorita é o mazapán que sigo mercando só nos días de Nadal e pecho os ollos para comelo''

Actor dende os 16 anos, Fernando Dacosta lembrou para GG os seus comezos tralo paso da profesora Ánxeles Cuña polo instituto Otero Pedrayo, na cidade de Ourense. Só deu clases un curso pero foi suficiente para que un grupiño de adolescentes se enganchasen á escea, e nela sigue tanto Dacosta, como Fina Ulloa e algún outro daquela época, como integrantes de "Sarabela" ca sua profesora. Agora él dirixe a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, pioneiro en Galicia, e tenta domar os nervos que cada ano provocan os visados retrasados até última hora nalgún dos países de orixe dos participantes na mostra teatral. Non é larpeiro, sobre todo dende unha operación da vesícula, pero se entrega totalmente na degustación dos postres que prepara a sua cuñada Alicia e, para non misturar, di que a sua moza Tegra -irmá de Alicia- está tamén para comela.

                                                 

Pregunta: Cal é a sua comida favorita e cal a que menos lle gusta?

Resposta: De toda a vida me encanta o mazapán, por raro que pareza. Como en todalas casas, meus pais mercárono sempre no Nadal que ademáis é unha época festiva que me gusta. En xeral gustanme as améndoas e todo o que as leva pero no caso do mazapàn, reforzouse a miña preferencia cando fun a Toledo un verán e aproveitei para probalo alí tamén. Disfrutoo tanto que merco pouquiño e sempre no Nadal, aínda que cada vez comezan a vendelo máis cedo...pero é que ademáis pecho os ollos cando o como.
Respecto ó que non me gusta comer, a verdade ...é difícil. De pequeño comía bistec rebozado con patacas fritidas e pouco máis pero dende que fun a universidade cambiei totalmente. Hoxe son o típico que come de todo... se o penso ben quedaría fora a lamprea pois ten un sabor que non me agrada e me custa comela.

P: Cal é a sua bebida preferida e cal a que menos pide?

R: PAra beber auga en primeiro lugar, pero tamén cervexa, viño sobre todo tinto, e calqueira tipo de bebida alcohólica excepto o anís, pero non porque me excedera con él en algunha ocasión senon polo sabor. Non me gustan siquera os caramelos de anís.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: Era algo larpeiro pero dende que me dixeron que as pedras nos riles poden ter orixe na mala metabolización do leite, quiteime de case todo, claro. Aínda así, Alicia, a miña cuñada -irmá da miña moza Tegra- fai unha torta de limón exquisita. A sua familia é de orixe francesa polo que tamén fai riquísimo o biscoito "quatre quarts" (catro cuartos) e outros tradicionais na Bretaña francesa.

P: Na cocina, ¿que tal se desenvolve e que prato se lle da mellor?
 
R: A cociña daseme mal. Fago o máis básico como ovos con patacas ou misturas con pasta, como ensaladas no verán ás que tamén lles boto froitos secos variados. Sempre me digo que algun día me porei a cociñar pero non consigo tempo para elo. Na casa fago outras cousas, como preparala mesa e logo recollela e tamén a compra.

P: Aínda así, coñece algún segredo de cociña?

R: Pois, sí. Debe ser pola edade, pero descubrín que un sofrito é un gran invento para moitos pratos e sustitúe perfectamente a maionesas e outras salsas que así se poden eliminar.

P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R: Normalmente, a comida da casa é de un prato e moitas veces, sen sobremesa. Debido ó traballo teatral, as representacións nos fan viaxar moito e comes moitas veces fora e o habitual son os menús de dous pratos e postre...algo excesivo. Por eso na casa mido máis e cada día almorzo moito, como normal e ceo pouco. Cando temos actuacións e viaxes cambio ese ritmo e despois das actuacións, ceo moito. O tapeo me encanta pero máis polo ambiente, porque saes en grupo e sempre probo os viños de cada lugar, como os verdes de Portugal, ou os tintos de Navarra, o viño de Pitarra en Extremadura e o de Cariñena en Zaragoza. As mellores zonas de viños e tapeo para mín, aparte de Ourense, están en Bilbao e San Sebastián que son unha maravilla, como entrar no Edén. E seguindo de tapeo, se penso na cervexiña lembro as que se toman antes da comida nos arredores da Praza Maior de Madrid, pois naquelas tabernas tiran moi ben a cervexa.

P: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?

R: Me gusta a variedade e eso inclue tanto os pratos de toda a vida como outros máis novedosos. Esto faime lembrar unha vez que nos invitaron a comer os de unha Asociación Gastronómica en Eibar. Para entrar tiña que levarte un amigo e alí tomei unhas "carrilleras" (meixelas) deliciosas e unhas peras ó viño que nunca atopei en outro lugar, e todo preparado por un cociñeiro de 90 anos...impresionante. Pero noutro momento tiven que ir a Burgos e alí estivemos nun restaurante situado no parque máis grande da cidade (o parque de Fuentes Blancas), no que elaboran pratos moi diferentes entre sí e desos que levan pouca cantidade de producto e tamén estaba delicioso.

P: ¿Carne ou peixe?

R: Pois sen dúbida era de carne pero estou en plena transformación cara o peixe...aínda que de camiño vou quedando ca verdura (sorrí). Os días que temos función teatral tendo á carne pois ma pide o corpo pero xa prefiro, xeralmente, peixe ou verduras e hortalizas como merluza e mero á prancha, ensaladas, brécol, coliflor ou xudías, nalgunhas formas de preparación.

P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por exemplo para momentos de tensión?

R: Pois sí. Inmediatamente antes de unha función adoito tomar algo doce, o que atope. Si hai algo bó mellor, senon recurro a bolería industrial ou o primeiro que haxa. Para comezar o día tamén é imprescindible para mín un zumo cítrico, de laranxa ou limón e como petisco antes da comida, os froitos secos. Do café estoume quitando.

P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que lle resultase unha sorpresa agradable?

R: En Covilhá (Portugal), o pé da Serra da Estrela fan un prato que se llama "panela" que é un arroz misturado con un embutido tradicional da zona, moi rico e semellante a morcilla. Tamén me gustaron os queixos que elaboran no mesmo lugar.

P: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?

R: Pois non lembro ún en concreto...ah sí...un bonito que nos prepararon no País Vasco e resultou estar moi seco...é algo raro pois son especialistas e a mín me gusta ese peixe pero nesa ocasión non foi unha boa experiencia.

P: Por que prato sinte curiosidade e non coñece máis que por referencias?

R: Teño moitas gañas de probar un prato de frijoles en Cuba, sentado nunha casa en entorno amistoso, non en un restaurante.

P: Quen ou que cousa están para comelos?

R: A miña muller e compañeira Tegra.

P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: Habería que meterlle o dente a un banqueiro, pero sería difícil facelo, polo índice de putrefacción que suporía na nosa alimentación, e refírome non os traballadores dos bancos senon a eses que falan de beneficios cando a xente está a pasalo tan mal. Tamén rillaría os mentirosos, por exemplo, eses que din que estamos en Afganistán porque nos preocupan os gasoductos ou pola democracia e agora din que estamos en Libia polo pobo ou polo petróleo.

P: ¿Pensa que somos o que comemos?

R: Sí, se o sumanos ó que respiramos, ó que tocamos e sentimos e todo elo influido polas ondas de enerxía das cidades. Non sei.

P: Que lle suxire a frase pola boca morre o peixe?

R: É unha chamada a prudencia nun momento no que creo que a imprudencia pode ser síntoma de rebeldía. Nun momento no que parece que nos fan ver que a rebeldía é algo negativo, por tanto non hai que facer caso das advertencias que queren meternos medo. Hai que falar de máis.

Comentarios