jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

A fin de semana inicia con descenso xeneralizado das temperaturas

Mapas do tempo para este sábado. METEOGALICIA
Mapas do tempo para este sábado. METEOGALICIA

Galicia verase influída durante a xornada do sábado polas baixas presións localizadas no leste da península Ibérica, polo que introducirán aire algo máis frío que nos días anteriores procedente do norte.

Espérase unha xornada de ceos parcialmente nubrados, con algunhas choivas intermitentes no norte e este máis probables durante a mañá.

A cota de neve quedará ao redor dos 1.000 metros.

As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas máximas e os ventos soprarán do norte, moderados no litoral e máis frouxos no interior.

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 8º/11º

Ferrol 8º/12º

Lugo 2º/8º

Ourense 3º/11º

Pontevedra 6º/14º

Santiago 6º/10º

Vigo 8º/13º

A fin de semana inicia con descenso xeneralizado das temperaturas
Comentarios