Galicia arranca a semana con nubes e alerta no mar

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Galicia continúa este luns baixo a influencia de ventos que traen humidade desde o océano Atlántico, e iso propicia ceos máis nubrados pola mañá e choivas lixeiras máis probables canto máis ao oeste. As previsións de Meteogalicia apuntan a que pola tarde se irán abrindo claros, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense. 

As temperaturas, mentres, experimentarán un lixeiro ascenso, co que Ourense alcanzará os 19 graos e A Coruña os 17. Lugo tocará os 16, nunha xornada na que a mínima non baixará dos 10 graos.

No mar, a Aemet mantén activa a alerta laranxa na costa de Lugo e boa parte da Coruña, por ondas que poden chegar aos seis metros. En Pontevedra o aviso é de nivel amarelo, con ondas de ata cinco metros.