miércoles. 22.09.2021 |
El tiempo
miércoles. 22.09.2021
El tiempo

Galicia, baixo a influencia das altas presións este martes

Previsión do tempo para este martes. METEOGALICIA
Previsión do tempo para este martes. METEOGALICIA
A comunidade terá ceos despexados a maior parte da xornada

Galicia manterase este martes na influencia das altas presións con ventos do nordés. Así, segundo o prognóstico de Meteogalicia a comunidade quedará con néboas no interior e nubes baixas no terzo norte ao principio e final da xornada, e ceos pouco nubrados ou despexados en xeral.

As temperaturas non terán cambios significativos ou experimentarán lixeiros ascensos. Os ventos do nordés terán intervalos de moderado durante a tarde, con refachos fortes en Rías Baixas

Principais indicadores das temperaturas extremas previstas nas cidades: A Coruña 16° 22°; Ferrol 15° 22°; Lugo 12° 24°; Ourense 15° 32°; Pontevedra 16° 30°; Santiago 15° 23°; Vigo 15° 29°.

Galicia, baixo a influencia das altas presións este martes
Comentarios