lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

Galicia celebra o seu día con bo tempo

METEOGALICIA
METEOGALICIA

Galicia vive este sábado o seu día con tempo anticiclónico, aínda que a xornada se iniciará con algúns bancos de néboa en zonas do interior e brumas costeiras. Pola tarde darán paso a ceos pouco nubrados ou despexados, atendendo ás previsións de Meteogalicia.

As temperaturas non experimentarán grandes cambios, excepto nas Rías Baixas, porque alí as néboas provocarán un descenso. Así as cousas, as máximas moveranse entre os 21 graos da Coruña e os 34 de Ourense. Lugo rexistrará a mínima máis fresca, de 13 graos.

Temperaturas mínimas e máximas para o sábado
A Coruña        18°     21°    
Ferrol              16°     22°    
Lugo               13°     29°
Ourense         16°     34°    
Pontevedra     16°     26°    
Santiago         16°     27°
Vigo                15°     23°

A situación meteorolóxica pode cambiar un pouco na mañá do domingo, aínda que as proxeccións de Meteogalicia anuncian que os ceos despexados se imporán despois.

Con tempo estival, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) apunta que este fin de semana se poderían superar os 38 graos nalgúns puntos do interior da comunidade.

Galicia celebra o seu día con bo tempo