martes. 07.04.2020 |
El tiempo
martes. 07.04.2020
El tiempo

Galicia contemplará este martes outra xornada de tempo apracible

Mapa da previsión do tempo para este martes en Galicia. METEOGALICIA
Mapa da previsión do tempo para este martes en Galicia. METEOGALICIA

Galicia permanecerá o martes na influencia das altas presións, con pouco vento, de forma que o día comezará con bancos de néboa no interior e intervalos de nubes e claros no Leste.

Co avance da xornada os ceos quedarán pouco nubrados ou despexados en xeral, con formación de nubes de evolución durante a tarde que poderían deixar algún chuvasco moi illado e ocasional.

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán, especialmente na metade norte.

O vento soprará frouxo de compoñente Leste. 

Mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 10º 18º

Ferrol 8º 19º

Lugo 3º 18º

Ourense 7º 21º

Pontevedra 9º 21º

Santiago 7º 20º

Vigo 11º 21º

Galicia contemplará este martes outra xornada de tempo apracible
Comentarios