Galicia continuará baixo a influencia do anticiclón das Azores durante todo o xoves. Este entrará en forma de cuña na península Ibérica, desprazando a masa de aire cálido cara ao sur.
Deste xeito o día comezará con ceos moi nubrados, con nubes baixas que tenderán a retirarse ao longo da mañá; pola tarde agardamos nubes de evolución, con posibilidade dalgunha treboada illada na provincia de Ourense.
As temperaturas baixarán, cun descenso máis acusado nas máximas. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral.
Temperaturas: A Coruña (17º-21º), Lugo (15º-25º), Ourense (18º-15º), Pontevedra (17º-32º), Vigo (17º-28º), Santiago de Compostela (16º-26º).
Como vemos nas 3 últimas horas das imaxes de radar, a actividade tormentosa foi hoxe moito menor que a de onte.
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) July 22, 2020
Mañá, os ceos amencerán moi anubrados, sobre todo no terzo norte e con néboas no litoral atlántico, pero xa na tarde teremos ☀️. Temperaturas en 📉, máis agradables 😉 pic.twitter.com/TZ56HoHjMp