miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

Galicia poderá gozar este sábado de ceos despexados

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos

O sábado Galicia permanece na influencia das altas presións, con ventos do nordés. Así, agárdanse ceos pouco nubrados en xeral, con máis nubes no norte da provincia de Lugo, onde mesmo se poderán rexistrar chuvias febles e ocasionais.

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso. Os ventos soprarán moderados, do nordés

clima

Galicia poderá gozar este sábado de ceos despexados
Comentarios