
Galicia queda este sábado nunha zona atmosférica relativamente estable, aínda que empeza a xornada recibindo os restos dunha fronte pouca activo. A situación está algo máis complicada no mar, o que levou a activar unha alerta amarela na costa de Pontevedra e A Coruña por ondas de 4 a 5 metros.
En terra, toca unha mañá de ceo nubrado, con algunha choiva sobre todo na metade oeste. As previsións anuncian que a partir do mediodía poderanse ir pechando os paraugas. E é que Meteogalicia augura que pola tarde se abrirán claros na metade este da comunidade, mentres que no oeste predominarán as nubes baixas.
As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Así é que Lugo será a cidade galega coa mínima máis fresca, de 8 graos, e as máximas moveranse entre os 14 de Santiago e os 18 de Pontevedra e Ourense.
Ferrol 11° 17°
Lugo 8° 15°
Ourense 10° 18°
Pontevedra 11° 18°
Santiago 9° 14°
Vigo 12° 16°