sábado. 25.09.2021 |
El tiempo
sábado. 25.09.2021
El tiempo

Galicia recupera a influencia anticiclónica este xoves

As temperaturas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado

O xoves Galicia volve recuperar a influencia anticiclónica. Nas primeiras horas haberá bancos de néboa e algún intervalo de nubes baixas que deixarán paso a ceos despexados en xeral, con nubes de estancamento na Mariña.

As temperaturas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. O vento soprará de compoñente norte frouxo, con intervalos moderados no interior, e moderado no litoral atlántico.

meteogalicia

Galicia recupera a influencia anticiclónica este xoves
Comentarios